Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-95).

O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 1999, tomou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación do Plan Parcial (PP) sobre o SUNP A-28 O Vieiro, sito en Nós, coas condicións que se sinalan a continuación:

No plano nº 4, o tipo de pavimentos da vía correspondente ó proxecto de urbanización, non vincula o proposto na modificación do Plan Parcial.

Unha vez aprobada definitivamente esta modificación, deberá presentarse o correspondente proxecto de compensación modificado.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencio

so-administrativo diante do xulgado ou da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó que reciba a notificación do presente acordo.

Sen embargo, de conformidade co artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, contra os actos de aplicación e efectividade dos tributos locais e dos restantes ingresos de dereito público das entidades locais, poderase interpoñe-lo recurso de reposición previsto na Lei reguladora das facendas locais, segundo a redacción dada pola Lei 50/1998, do 30 de decembro.

Tamén se poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, nos prazos establecidos no seu punto 2. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 3 de marzo de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-Presidenta