1. Autorización administrativa.
Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:
a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan Mega.
c) Trazado, datos básicos e localización:
-Liña de media tensión aérea a C.T. Vilariño, de 20 kV, con orixe no apoio 68 da L.M.T. Vilares-Buriz e remate no C.T. proxectado de Vilariño, cunha lonxitude de 1,786 km, conductor LA-56/54,6 mm e apoios de formigón.
-Centro de transformación intemperie de Vilariño, situado no camiño entre Vilariño e Casanova de Vilariño, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 15.000/380-220 V.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.
3. Alegacións.
O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 6 de abril de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 5/99. Provincia: Lugo.
L.M.T. a C.T. Vilariño.Termo municipal: Guitiriz.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
27307 Guitiriz37 Penedo Prado Jesús Iglesias Tomé Penedo-Buriz, 2
1 150
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
27307 Guitiriz
Rpta. Carlos Coira Cancela 15004 A Coruña Casa Nova
27307 Guitiriz Casa Nova
Rpta. Carlos Coira Cancela 15004 A Coruña
Rpta. Carlos Coira Cancela 15004 A Coruña
Rpta. Carlos Coira Cancela 15004 A Coruña41 Penedo Prado Hros. Inocencio Río Ramírez Casanova de Vilariño, 4
5 1 10 100
54 Veiga Prado Hros. Manuel Coira García
r/ Comandante Barja, 8
20 200
68/1 Prado
Prado Jesús Río Ramírez Casanova de Vilariño, 4
11 1 10 65
68/2 Prado
Prado Hros. Francisco Prieto Descoñecido 8 56
73 Porto Prado Hros. Manuel Coira García
r/ Comandante Barja, 8
10 100
75 Porto Prado Hros. Manuel Coira García
r/ Comandante Barja, 8
40 400
76 Porto Carballos Hros. Manuel Coira García
r/ Comandante Barja, 8
12 2 15 240