Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/42-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. estrada de Fontán, 7.

Situación: Sada.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 182 m de lonxitude, con orixe na liña C.T. porto deportivo. C.T. fronte de xuventudes e remate no C.T. estrada de Fontán, nº 7, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 250/0,380-0,220 kV na estrada Fontán, nº 7, do que parte rede de baixa tensión subterránea, en conductor R.V. de 15 m de lonxitude. Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña