Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de abril de 1999, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00520-I-98).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se cita.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 15 de abril de 1999.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

Instructor

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00520-I-1998

LU-8990-H

3326014268 A7286

José Luis Fernández Feito

Ronda das Mercedes, 42, 2º-C

270 Lugo

Realizar transporte privado complementario de mercadorías (materiais de construcción) co vehículo matrícula LU-8990-H, que presenta un peso total en báscula de 16.800 quilogramos, estando autorizado para un PMA de 14.200 quilográmos, o que supón realizar transporte cun exceso de 2.600 quilogramos que representan un 18% de exceso sobre seu peso máximo autorizado. O vehículo carece da preceptiva autorización administrativa.

23-11-1998; 11.29; N-540; 1

Art. 103 da Lei 16/87 e artigo 158 do R.D 1211/90. Art. 200.3 do R.D. 1211/90Art. 143 Lei 16/87, 201 R.D. 1211/90125.000 ptas.

3573