Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa dunha construcción para a total apertura da rúa Sofía Casanova, no concello da Coruña. (Expediente 115A-98/10).

Antecedentes.

1. O proxecto de expropiación forzosa para a total apertura das rúas Sofía Casanova e río Traba aprobouse inicialmente por resolución da alcaldía-presidencia da Coruña do 18 de abril de 1997.

2. A proposta de informe de alegacións e exposición do proxecto expropiatorio coas rectificacións derivadas das alegacións estimadas aprobouse por resolución da alcaldía-presidencia con data do 30 de abril de 1998.

3. O 18 de setembro de 1998 dictouse resolución da alcaldía-presidencia pola que se rectifican as valoracións e se adaptan os criterios contidos na Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións.

4. O Concello da Coruña, con data do 19 de outubro de 1998 (R.E. nº 1.145, do 21 de outubro), de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (en diante LSG) remitiulles o Servicio de Urbanismo e Arquitectura, (hoxe Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial) da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña o proxecto de expropiación para a total apertura das rúas Sofía Casanova e río Traba, xunto cos informes xurídicos xustificativos da competencia da alcaldía-presidencia para o cumprimento do trámite de informe de alegacións.

5. A Delegación Provincial da CPTOPV requiriu ó Concello da Coruña mediante escrito do 17 de novembro de 1999, que o Pleno da Corporación procederá á aprobación que pon fin á tramitación municipal, e o Concello da Coruña elevou a proposta ó dito órgano, que adoptou acordo en sesión celebrada o 14 de decembro de 1998.

6. Como consecuencia da entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Coruña, non quedaba acreditada a declaración de utilidade pública de tódolos bens afectados polo proxecto de expropiación, xa que pola dita norma se modificou a ordenanza de edificación de chafráns e, como consecuencia, quedaba fóra do ámbito de expropiación a totalidade da parcela nº 1, que aparecía como propiedade de Emilia Luisa e Pilar Suárez Carrasco, o que se puxo en coñecemento do concello mediante escrito do 27 de xaneiro de 1999.

De acordo con estas consideracións en sesión plenaria do Concello da Coruña do 16 de marzo de 1999, acordouse:

1) Excluír do proxecto expropiatorio para a total apertura da rúa Sofía Casanova, aprobado polo Pleno o 14 de decembro de 1998, a parcela nº 1 das relacionadas no dito acordo.

2) Rectifica-la relación de bens e dereitos afectados segundo a relación resultante do citado acordo, quedando esta integrada por un único ben consistente nunha construcción de 50,40 m de superficie cerrada con fábrica de ladrillo rebocado e cuberta de fibrocemento, que se prolonga cun muro de fábrica de bloque de formigón de 7 m de lonxitude e 2,50 de altura.

3) Rectifica-lo custo de execución do proxecto en cuestión, que queda cifrado en 727.788 ptas. que se corresponde co valor da citada construcción.

4) Validar en todo o demais as actuacións practicadas no expediente baixo a vixencia do Plan Xeral de 1985 e, en particular, o punto terceiro do acordo plenario do 14 de decembro de 1998, coas rectificacións que se deixan expostas.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade cos criterios do artigo 145 da LSG.

Segundo.-O proxecto de expropiación forzosa foi sometido a información pública polo prazo dun mes anunciándose no DOG nº 102, do 29 de maio de 1997, no BOP nº 111, do 16 de maio de 1997, e nos xornais La Voz de Galicia do 14 de maio de 1997, e El Ideal Gallego do 14 de maio de 1997, segundo se prevé no artigo 145.3º da LSG.

Terceiro.-As taxacións fóronlles notificadas individualmente ós que aparecen como títulares de bens e dereitos no expediente, mediante o traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.

Cuarto.-A edificación que se pretende expropiar está nunha parcela clasificada no planeamento vixente como solo urbano coa cualificación de viario público, conforme as aliñacións correspondentes á rúa Sofia Casanova e previstas, no plano nº 5 de clasificación, cualificación e regulación do solo e a edificación en solo urbano e de núcleo rural rede viaria e aliñacións, polo que resulta acreditada a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados, tal e como se esixe no artigo 54 da LSG en relación co artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril sobre réxime do solo e valoracións.

Quinto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ó contido do artigo 31 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións.

Sexto.-O artigo 1.3º da Orde do 19 de agosto de 1997 (DOG nº 166, do 29 de agosto), delega nos delegados provinciais a competencia para a aprobación dos expedientes de expropiación forzosa nos supostos de procedemento de taxación conxunta.

Á vista de canto antecede

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa dunha construcción para a total apertura da rúa Sofia Casanova, no concello da Coruña, polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da LSG, facendo constar que a aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos núm. 6, 7, e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da LSG).

Segundo.-Notificárlle-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndolles de que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (Art. 145.8º da LSG).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a relación dos seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

-Ben que se vai expropiar: construcción de 50,40 m de superficie cerrada con fábrica de ladrillo rebocado e cuberta de fibrocemento que se prolonga cun muro de fábrica de bloque de formigón de 7 m de lonxitude e 2,50 de altura.

-Propietario: descoñecido.

-Valoración ptas.: 727.788 ptas.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 54.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro de 1992).

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa).

A Coruña, 26 de marzo de 1999.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña