Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de abril de 1999 pola que se anuncia a adxudicación de doce bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación para desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocadas por Orde do 20 de xaneiro de 1999 (DOG número 29, do 12 de febreiro).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o 8 de abril de 1999 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 29, do 12 de febreiro de 1999, e de conformidade co establecido na base terceira da referida orde de convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder doce bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo á presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o apartado anterior será a recollida no anexo que se xunta, coa retención fiscal que corresponda.

Terceira.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación do DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro de 1999), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Política Lingüística

ANEXO

Nome e apelidosProcedenciaEstadíaImporte/mes

Castellucci, AttilioRoma1-6 a 31-12100.000
Caucci von Saucken, JacoboPerugia1-9 a 31-12100.000
Cornejo Serrano, Alex HernanChile1-7 a 30-9120.000
Díaz López, IsabelPaís Vasco1-11 a 31-1285.000
García Moral, BeatrizGranada1-7 a 31-1285.000
Guerbek, EkaterinaS. Petersburgo1-5 a 30-9120.000
Iacob, MihaiPerugia1-5 a 31-12100.000
Nolasco de Macêdo, Anna MªSalvador de Bahia, Brasil18-5 a 18-12120.000
Schereiber, ElkeHeidelberg1-10 a 31-12100.000
De Sousa Pereira, SchirleyFortaleza (Brasil)5-7 a 31-12120.000
Zernova, ElenaS. Petersburgo20-10 a 20-12120.000
Velasco González, Mª MarMadrid1-9 a 31-1285.000