Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 8 de abril de 1999, acordou a contratación, mediante concurso con procedemento aberto e de urxencia, para o contrato de subministración coas características que se citan a seguir:

Cadro de características do contrato.

1. Obxecto: subministración dun vehículo contraincendios.

2. Tipo de licitación: 16.370.964 ptas. (IVE incluído), e incluíndo proxecto técnico, ITV e matriculación.

3. Partida: 5.68.

4. Prazo de entrega: 50 días desde a adxudicación.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real, s/n, Xove). Facilitarase, así mesmo, copia do prego de condicións en persoa, por correo, correo electrónico (xove*fegamp.es) ou telecopia.

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais.

8. Fianza provisional: 327.410 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: subministración financiada con fondos propios, fondos do Estado e provinciais, con cargo ó Plan Provincial de Cooperación 1999.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de condicións.

Xove, 12 de abril de 1999.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO I

Modelo de proposición.

Don/Dona... con domicilio na rúa... nº..., teléfono... e DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de DNI ou CIF nº... e con domicilio en... nº..., teléfono...), toma parte no concurso, con procedemento aberto, de subministración, e para os efectos do cal fai constar:

1. Que ofrece a subministración dun vehículo contraincendios de marca e modelo... no prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

En ... o ... de... de 19...

O licitador

Rubricado

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación da subministración de... presentada por...

En ... o ... de... de 19...

O licitador

Rubricado