Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 3 de marzo de 1999, acordou aprobar inicialmente o Plan Especial do Porto de Vilagarcía de Arousa, promovido pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e redactado por Interurban, S.A.

O que se fai público para xeral coñecemento, facendo constar que o expediente estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría, polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, podendo os interesados examinalo e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 9 de abril de 1999.

Joaquín J. Gago López

Alcalde