Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión que tivo lugar o día trinta de marzo de mil novecentos noventa e nove, acordou:

1. Aprobar con carácter inicial o estudio de detalle da U.A. 44 do PXOU promovido por propietarios de terreos no ámbito e redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, que ten por obxecto a ordenación volumétrica correspondente de acordo coas determinacións do planeamento, coa reserva de emenda de determinadas deficiencias, o que se realizará previamente á aprobación definitiva.

2. Somete-lo documento a información pública polo prazo dun mes.

O prazo contarase desde a última publicación do anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas do Servicio de Urbanismo das oficinas municipais e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 5 de abril de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde