Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión que tivo lugar o día trinta de marzo de mil novecentos noventa e nove, acordou:

1. Aprobar con cáracter inicial unha modificación do estudio de detalle da U.A. nº 45 do PXOU en vigor promovida polos herdeiros de Camilo López Pérez e redactada polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, que afecta á ordenación volumétrica establecida no E.D. inicial para a parcela 126 resultante da reparcelación do ámbito, da que son propietarios os promotores, con obxecto de permiti-la materialización da edificabilidade que lle corresponde.

2. Somete-lo documento a información pública polo prazo dun mes.

O prazo contarase desde a última publicación do anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas do Servicio de Urbanismo das oficinas municipais e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 5 de abril de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde