Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/233-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. de 630 kVA, Costa da Tapia.

Situación: Cambre.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 25 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Costa da Tapia, nº 4 e remate no C.T. Costa da Tapia, nº 3, que se vai instalar. Centro de transformación en soto do edificio de vivendas de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, na Costa da Tapia nº 3. Cambre.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 23 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña