Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T. de Lamas, no concello de San Cristovo de Cea, Piñor de Cea e O Carballiño. (Expediente IN407A 98/114-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na rúa Sáenz Díez, nº 45, 32003 Ourense solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o que establece a disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentou alegacións o titular dos predios números 31, 35 e 61 da relación de afectados por non estar de acordo coa traza. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que en cada caso se lle notifican ó afectado en escrito á parte, e que non se transcriben nesta resolución para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nesta non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente esta organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966, resolvo:

1. Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento das instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos:

5 L.M.T. aéreas a 20 kV coas seguintes características:

-De 1.730 metros de lonxitude en conductor LA-110, con orixe no apoio existente que se vai substituír da L.M.T. Cea-Piñor e remate no apoio proxectado número 12.

-De 1.525 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio proxectado número 12 da L.M.T. enlace Cea-O Carballiño e remate no apoio proxectado número 22.

-De 16 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio proxectado número 5 da L.M.T. enlace Cea-O Carballiño e remate en apoio número 1 da L.M.T. existente a C.T. de serradoiro das Lagoas.

-De 74 metros en conductor LA-56, con orixe en apoio proxectado número 9 da L.M.T. enlace Cea-O Carballiño e remate en apoio proxectado número 1 da L.M.T. a C.T. na Caseta das Lagoas.

-De 34 metros en conductor LA-56, con orixe en apoio proxectado número 17 da L.M.T. de enlace O Carballiño-Lobas e remate en apoio proxectado número 1 da L.M.T. a C.T. de Lamas.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente

ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

3. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 20 de maio de 1998, que se publicou no DOG do 10-7-1998, no BOP de Ourense do 15-7-1998 e no xornal diario La Región do 13-6-1998.

Esta resolución non é definitiva en vía administrativa e contra dela poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 22 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense