Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (17/1999).

A Alcaldía-Presidencia, con data do 28 de abril deste ano, resolveu:

1. Aprobar inicialmente o Plan especial de adecuación dos terreos da antiga batería de artillería de costa do Monte de San Pedro, redactado de oficio polo arquitecto municipal.

2. Ordena-la publicación do Plan especial na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de abril de 1999.

O Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda