Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (39/1999).

A Alcaldía-Presidencia, con data do 28 de abril de 1999, dictou a seguinte resolución:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación redactado polos servicios municipais para proceder á expropiación dos bens e dereitos afectados polo Plan especial para o desenvolvemento do sistema xeral de equipamentos no Monte de San Pedro.

2. Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes, o que se formalizará mediante a inserción dos correspondentes anuncios en prensa e diarios oficiais, así como a notificación persoal ós interesados nos termos que se sinalan no artigo 145.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, todo isto para que durante o citado prazo poida ser consultado este nas dependencias do Servicio de Urbanismo do concello, de luns a venres, das 12 ás 14 horas, e presentar cantas alegacións consideren oportunas na defensa dos seus dereitos.

O que se fai público polo prazo dun mes para os efectos previstos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os posibles interesados que a consulta do expediente poderá facerse nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo de luns a venres desde as 12 ata as 13.30 horas.

A Coruña, 28 de abril de 1999.

O Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda