Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.291

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (50/1999).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 50/1999, cítanse o denunciado, José Manuel Zarauza Menéndez e a denunciante, María Dolores Martín Rodríguez, dos que se descoñece o domicilio actual, para que o vindeiro día 5 de maio de 1999, ás 11.10 horas, comparezan na sala de audiencia deste xulgado para asistiren ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoos de que poden ser asistidos de avogados e que deberán acudir coas probas que teñan e prevíndoos de que, de non o facer, poderán incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que lles sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 26 de abril de 1999.

O/a secretario/a

Rubricado