Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.290

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1999 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico na educación, do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación na Educación, a Teresa Juana García Real.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de xuño de 1998 (BOE, do 20 de xuño), para a provisión da praza núm. 98/047 de profesor titular de univer

sidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico na educación, do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación na Educación desta universidade, a favor de Teresa Juana García Real , e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Teresa Juana García Real, profesora titular de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico na educación, do departamento Filosofía e Métodos de Investigación na Educación, desta universidade.

A Coruña, 14 de abril de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña