Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.271

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 20 de abril de 1999 pola que se recoñece a denominación de orixe Queixo de San Simón da Costa e se nomea o seu consello regulador provisional.

Polo Decreto 69/1988, do 10 de marzo, regulouse a denominación Producto Galego de Calidade, para o sector agroalimentario, que ten por fin garanti-la calidade e a orixe dos productos tradicionais de Galicia, tipificalos, fomentar e mellora-la súa industrialización nas propias bisbarras de procedencia, e acadar, ó mesmo tempo, unha efectiva presencia deles no mercado.

Como consecuencia, por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 16 de abril de 1991, recoñeceuse a denominación Producto Galego de Calidade para o Queixo de San Simón, aprobándose o seu regulamento particular pola Orde do 7 de xullo de 1992.

De acordo co disposto na Lei 25/1970 e no Decreto 837/1972, do 23 de marzo, pola que se aproba o Regulamento do Estatuto da viña, o viño e os alcohois e o Real decreto 4189/1982, do 29 de decembro,

os interesados no recoñecemento e regulamentación dunha denominación de orixe deberán solicitalo á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Recibiuse a solicitude de recoñecemento e protección deste producto por parte do sector queixeiro interesado, baixo unha denominación de orixe, co nome de Queixo de San Simón da Costa para os queixos elaborados a partir do leite de vaca producida na bisbarra de San Simón.

En consecuencia, por petición do sector interesado, unha vez examinada a viabilidade da proposta e de conformidade co artigo 30.1.3º e 4º, do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñécese a denominación de orixe Queixo de San Simón da Costa para os queixos producidos e elaborados na bisbarra de San Simón, na maneira e condicións que se determinen no seu regulamento particular.

Segundo.-Noméase un consello regulador con carácter provisional que, por proposta do sector interesado, queda formado polos membros seguintes:

Presidenta:

Rosa María Rey Pérez.

Vocais:

Polo sector elaborador:

Titulares:

Remedios Cuba López.

Gabino Román Barrio.

María Dolores Alonso Cortiñas.

Jesús Rey Pérez.

Suplentes:

Adelaida Fernández Cuba.

Esther Candamil López.

Crisanto Cuba Cendán.

Olga Ribeira Requeixo.

Polo sector productor:

Titulares:

Norberto Piñeiro Pernas.

Luisa Pérez Orosa.

Darío Villares Rouco.

Esther Prieto Funcasta.

Suplentes:

Rosario García Maseda.

Alfonso Rey Funcasta.

Fernando Villares López.

Manuel Prieto Corral.

Terceiro.-Encoméndaselle ó consello regulador provisional a redacción do regulamento particular da denominación, que o elevará á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para a súa aprobación.

Cuarto.-O consello regulador provisional elaborará os censos de productores de leite e elaboradores

de queixo que se encontren interesados en adscribirse á denominación.

Quinto.-A indicación denominación de orixe Queixo de San Simón da Costa non poderá ser mencionada nas etiquetas, documentación ou publicidade destes queixos ata que sexa aprobado o seu regulamento específico pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Industrias e Alimentación para dicta-las normas precisas para o mellor desenvolvemento do establecido nesta orde.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria