Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación das seguintes subministracións: amoblamento dun centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade en Chapela-Redondela (Pontevedra); amoblamento dun centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade en Redondela (Pontevedra).

A consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, dos seguintes contratos de subministración:

1. Amoblamento dun centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade en Chapela-Redondela (Pontevedra).

Orzamento de licitación: once millóns trescentas cincuenta e seis mil pesetas (11.356.000 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: sete (7) días.

Garantía provisional: 227.120 ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Amoblamento dun centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade en Redondela (Pontevedra).

Orzamento de licitación: once millóns oitocentas trinta e dúas mil pesetas (11.832.000 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: sete (7) días.

Garantía provisional: 236.640 ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.

P.D. (Orde do 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo