Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para la contratación da subministración e instalación de equipos para a sala multimedia do Pazo de Mariñán. (Expediente 99/3247 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración e instalación de equipos para a sala multimedia do Pazo de Mariñán.

Lugar de entrega: Pazo de Mariñán.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 6.005.395 ptas., 36.093,15 euros, que se desagrega en tres lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 23 de abril de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña