Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1999 pola que se convoca concurso con procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente 3453/99 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: organización e coordinación do IX programa noite de cine.

Lugar de execución: deputación provincial.

Prazo de execución: oito meses contados desde o día seguinte ó da formalización do contrato.

Forma de adxudicación: concurso en documento administrativo.

Orzamento: 24.380.000 ptas=146.527 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 975.000 ptas.=5.861,07 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 20 de abril de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña