Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1999, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia a adxudicación do concurso público aberto, por tramitación urxente, do servicio de almacenamento e distribución de subministracións e o traslado de mostras clínicas ós laboratorios de referencia (C.P.S. 12/1999).

O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos cos trámites administrativos correspondentes, resolve publica-la adxudicación do seguinte contrato administrativo:

Expediente: concurso público de servicios. (C.P.S. 12/1999).

Obxecto: contratación do servicio de almacenamento e distribución de subministracións e o traslado de mostras clínicas ós laboratorios de referencia.

Adxudicatario: Ausysegur Distribución y Servicios S.A.

Importe: 18.444.000 ptas./ano.

Ourense, 29 de marzo de 1999.

José Fermín Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense