Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de asistencia técnica.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.

2. Obxecto: asistencia técnica ó programa Proder-Miño, en materia de control técnico de memorias e proxectos, control das obras de execución e xustificación de gastos e investimentos.

3. Orzamento: seis millóns cincocentas trinta e tres mil duascentas oitenta e seis (6.533.286 ptas.).

4. Duración do contrato: desde a data de adxudicación ata o trinta de xuño do dous mil un.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Sección Servicios Xerais-Negociado Xestión de Programas Rexistro e Información.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 14 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas enconómico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 88, do 20 de abril de 1999.

Lugo, 20 de abril de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo