Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: asistencia á deputación para a realización dos servicios de diagnóstico e actuacións e conservación nas árbores do Pazo de Mariñán.

Orzamento: 23.200.000 ptas. (IVE incluído) (139.434,81 euros) que se desagregará do seguinte modo:

1ª fase: 8.000.000+16% IVE= 9.280.000 ptas.

2ª fase: 6.000.000+16% IVE= 6.960.000 ptas.

3ª fase 6.000.000+16% IVE= 6.960.000 ptas.

Clasificación: grupo II, subgrupo 5, categoría b.

Garantías:

Provisional: non se esixe, de conformidade cos artigos 36.2º e 204 da Lei 13/1995, os licitadores quedan dispensados da prestación da garantía provisional.

Definitiva: 928.000 ptas., (5.577,39 euros).

Prazo de execución: do 30 de xuño de 1999 ó 30 de xuño do 2002 que se desagrega del siguiente modo:

1ª fase: 30 de xuño de 1999 a 30 de xuño de 2000.

2ª fase: 30 xuño de 2000 a 30 de xuño de 2001.

3ª fase: 30 de xuño de 2001 a 30 de xuño de 2002.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 23 de abril de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña