Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 19 de abril de 1999, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá á contratación, mediante tramitación urxente e por concurso aberto, das obras do proxecto de luz pública en Oleiros, Rioaveso e outros, Plan de cooperación 1999, obra nº 82, exponse ó público polo prazo de

oito días, na secretaría deste concello, para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de cláusulas administrativas particulares a contratación, mediante tramitación urxente e por concurso aberto, das obras do proxecto de luz pública Oleiros, Rioaveso e outros, Plan de Cooperación 1999, se ben, no suposto de se produciren reclamacións contra o prego, a contratación aprazarase ata que se resolvan pola propia corporación.

Vilalba, 21 de abril de 1999.

O alcalde

Rubricado