Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO de licitación de expediente de contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: pavimentación de accesos ós núcleos de Coto, Laredo e outros.

b) Lugar de execución: Vilaboa.

c) Prazo de execución (meses): 6.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.336.217 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 186.724 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: Toural, 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15.

e) Telefax: 986 70 83 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: (grupos, subgrupos e categoría): non se require.

b) Outros requisitos: artigo 7.2º do prego.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP.

b) Documentación que hai que presentar:

1. Copias compulsadas do DNI do licitador (persoas físicas ou empresarios individuais) e, ademais, escritura de constitución/modificación da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil (persoas xurídicas).

2. Copia compulsada da escritura do poder se se actúa en representación.

3. Declaración xurada do licitador na que se afirme, baixo a súa responsabilidade, non se atopar incurso en ningunha prohibición de contratar de conformidade cos artigos 15 e 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, nin en ningunha causa de incompatibilidade segundo a normativa vixente, en concreto Lei 25/1983, do 26 de decembro (segundo redacción dada pola Lei 12/1995, do 11 de maio).

4. Certificado (ou copia compulsada do recibo) que acredite o pagamento do último ano do IAE (cota nacional, provincial ou do municipio de Vilaboa).

5. Certificado da TXSS de atoparse ó día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social expedido polo órgano competente e dentro da validez da certificación prevista no artigo 10.3º do Real decreto 390/1996, do 1 de maio.

6. Certificado do Ministerio de Facenda de atoparse ó día no cumprimento das súas obrigas tributarias expedido polo órgano competente e dentro da validez da certificación prevista no artigo 10.3º do Real decreto 390/1996, do 1 de maio.

7. Certificación expedida polo interventor municipal de que non existen débedas de natureza tributaria co concello, nas condicións previstas no parágrafo d) do artigo 7.1º do real decreto citado nos dous puntos anteriores.

8. Resgardo de constitución da garantía provisional, constituído de acordo co prevido no artigo 18 do texto normativo antes citado e de acordo co modelo previsto nos anexos 2, 3, 4 e 5. De non axustarse ós modelos indicados e existindo omisións ou modificacións distintas dos anexos citados, poderá considerarse como defecto incorrixible para licitar.

9. Xustificación da solvencia económica e financeira por algúns dos medios previstos no artigo 16.1º letras a) e c) da LCAP.

10. Xustificación da solvencia técnica por algún dos medios previstos no artigo 17 letras b) e c) da lei antes citada.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral.

9. Apertura das ofertas.

Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil).

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación do concurso:

1. Mellora da calidade dos materiais que se van empregar na execución das obras respecto dos proxectados: 0,36 puntos

2. Proposta de incremento das unidades de obra que se vai executar: 0,32 puntos

3. Experiencia na execución de obras similares por parte da empresa licitadora con detalle da maquinaria propia e medios auxiliares dispoñibles para a execución das obras: 0,32 puntos.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: por oito días seguintes ó da publicación do anuncio no BOP.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Vilaboa, 13 de abril de 1999.

María Fernanda Blanco Fernández

Concelleira delegada