Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1999 pola que se anuncian, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, as seguintes contratacións de obras: restauración e consolidación estructural da Torre dos Moreno, fase II, en Ribadeo (Lugo); restauración da igrexa de Penamaior, fase II, en Becerreá (Lugo); restauración da garita de vixilancia no Pazo dos Condes de Gondomar, en Gondomar (Pontevedra).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, dos seguintes contratos de obras:

1. Restauración e consolidación estructural da Torre dos Moreno (fase II), Ribadeo (Lugo).

-Orzamento de licitación: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: cinco (5) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasficación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

2. Restauración da igrexa de Penamaior, fase II, en Becerreá (Lugo).

-Orzamento de licitación: nove millóns cincocentas oito mil seiscentas corenta e tres pesetas (9.508.643 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría b.

3. Restauración da garita de vixilancia no Pazo dos Condes de Gondomar, en Gondomar (Pontevedra).

-Orzamento de licitación: oito millóns trescentas cincuenta e sete mil cincocentas sesenta e tres pesetas (8.357.563 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: dous (2) meses.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas e os proxectos estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegación provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusulas 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratacións ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1999.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo