Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV subestación de Sabón - subestación de Ferroatlántica, no termo municipal de Arteixo (A Coruña). (Expediente 98/254).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Unión Eléctrica-Fenosa S.A., con enderezo para efectos de notificación en Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 12 de xuño de 1998, a citada empresa solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV desde a subestación de Sabón ata a subestación de Ferroatlántica, discorren

do polo termo municipal de Arteixo (A Coruña); acompañan o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente de acordo co disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Liña de alta tensión a 220 kV, de 569 m de lonxitude, sobre apoios metálicos de celosía tipo made e con conductor de tipo Cóndor, de 455 mm aluminio aceiro, dun só circuíto, con orixe na subestación eléctrica de Sabón e final na subestación eléctrica de Ferroatlántica, en Sabón, Arteixo.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións a trámite de información pública, sendo publicado no DOG do 27-8-1998 e no BOP da Coruña do 22-8-1998 e nos taboleiros de anuncios do Concello de Arteixo e no da delegación provincial.

Terceiro.-Durante o período no que se someteu a trámite de información pública non se formularon alegacións.

Cuarto.-Da solicitude obxecto deste expediente emitiu informe favorable a Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV desde a subestación de Sabón ata a subestación de Ferroatlántica, no termo municipal de Arteixo (A Coruña).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria