Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.988

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO de demanda de financiamento axustado ós termos que se citan.

SPI Galicia, S.A., anuncia demanda de financiamento axustado ós seguintes termos:

Modalidade: préstamo

Importe: ata 78.150.000 euros (13.003.065.900 pesetas) cun mínimo de oferta de 6.011.000 euros (1.000.146.246 pesetas) en un ou varios tramos.

Período de disposición: ata 6 meses nunha ou varias disposicións

Moeda: euros.

Prazo: 10 anos.

Carencia: 2 anos.

Modalidade de tipo de xuro:

Opción A: tipo de xuro variable referenciado a Euribor a 3 meses. Poderase incorporar á operación un Collar custo cero no mesmo contrato de préstamo, as condicións do cal se fixarán unha vez outorgado o correspondente mandato.

Opción B: tipo de xuro fixo.

Opción C: calquera estructura que a entidade financeira considere que pode ser de interese para SPI-Galicia, S.A.

(SPI-Galicia, S.A. reserva para si en función dos importes ofertados, o dereito a optar por calquera das tres opcións ou ben calquera das combinacións entre elas).

Garantías: as que se deriven do convenio marco e do PEF global de 1999 aprobado polo Consello da Xunta o 8 de abril. O contrato que se asine, poderá incluir dentro das causas de vencemento anticipado a modificación substancial do accionariado de SPI Galicia, S.A.

Presentación de ofertas: as ofertas dirixiranse en sobre pechado á atención do presidente de SPI Galicia, S.A., Praza de Europa, 10 A-5º, 15703 Santiago de Compostela, facendo constar no mesmo, na marxen superior esquerdo o seguinte:

«Oferta de préstamo xullo 1999»

Prazo de presentación de ofertas: as ofertas deberán presentarse antes das 12 horas do día 11 de maio de 1999 no rexistro de SPI Galicia, S.A.

O/os mandato/s serán outorgado/s no prazo máximo de oito días, contados desde a finalización do período de presentación de ofertas.

O pagamento do anuncio correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.

Juan José Novoa Montero

Presidente de SPI-Galicia, S.A.