Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización na Rúa do Conde, s/n (expediente 4108/401).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do día 18 de marzo de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da UE III-01 Rúa do Conde, presentado por Rodríguez y Mariñas, S.L., redactado polo arquitecto Juan Ángel Visier Gil e visado polo colexio oficial con datas do 13 de agosto, 21 de outubro e 9 de decembro de 1998, no mesmo sentido da súa aprobación inicial.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 6 de abril de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo