Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello en sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de marzo de 1999, acordou iniciar expediente para a aprobación do escudo e bandeira municipais, conforme a seguinte descrición:

1º. O escudo heráldico municipal: de gules (vermello), o cáliz de ouro (amarelo), sumado da Sagrada Forma de prata (branco) e acompañado de sete cruces do mesmo, tres en cada flanco e unha na punta, flanqueada das letras M e O de ouro. O timbre unha coroa real pechada.

E a bandeira: sobre pano vermello, o cáliz de amarelo, sumado da Sagrada Forma de branco e acompañado de seis cruces tamén de branco, tres á hasta e tres ó batente.

2º. Somete-lo expediente a información pública polo período dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, publicando, así mesmo, o correspondente edicto no taboleiro de anuncios do concello.

3º. Transcorrido o citado prazo sen que se presentasen reclamacións, remitirase este á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para a resolución do expediente.

Mondoñedo, 30 de marzo de 1999.

Manuel Javier Loira Rúa

Alcalde