Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Resolución do 25 de xuño de 1998, do Concello de Lalín (Pontevedra), referente á convocatoria para prover unha praza de persoal laboral, de técnico de grao medio-coordinador/a de formación profesional ocupacional.

Nivel de titulación diplomatura en especialidades segundo bases. Denominación do posto: técnico de

grao medio-coordinador/a de formación profesional ocupacional. Categoría laboral: técnico medio. Número de vacantes: unha.

No BOP de Pontevedra, número 197 do día 13 de outubro de 1998 e número 210 do 30 de outubro de 1998, publícanse integramente as bases, unha rectificación de erro e outra enviada nesta data e aínda non publicada, da convocatoria realizada polo Concello de Lalín para prover, por concurso-oposición, a praza de persoal laboral fixo a que se refire a oferta de emprego deste concello para 1998, dotada cos emolumentos correspondentes ó respectivo grupo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do Concello de Lalín.

Lalín, 17 de marzo de 1999.

José Crespo Iglesias

Alcalde