En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación do servicio de mantemento para o sistema telemático Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: 981 54 11 01, Fax: 981 59 04 67.
b) Número de expediente: CP nº 10/99.
2. Obxecto do contrato: servicio de mantemento para o sistema telemático Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Prazo de execución: un ano a partir da formalización do contrato, podendo ser prorrogado dentro dos límites legais.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento máximo de licitación: 17.160.000 ptas. (dezasete millóns cento sesenta mil pesetas), imposto sobre o valor engadido (IVE incluído), coa seguinte desagregación por anualidades e lotes:
1999 2000 Ttl: por lotes
Lote 1: 2.640.000 1.320.000 3.960.000
Lote 2: 800.000 400.000 1.200.000
Lote 3: 8.000.000 4.000.000 12.000.000
Ttl. anualidades 11.400.000 5.720.000 17.160.000
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que licite.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.
d) Teléfono: 981 54 11 01.
e) Telefax: 981 59 04 67.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no registro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.
8. Apertura das ofertas: en acto público ás 12 horas do oitavo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito na r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.
9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 19 de abril de 1999.
Diego Diz Fernández
Director xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica