De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente contra ela instruido pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo de 1 mes para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.
Expediente: Secretaría 169/98.
Denunciado: Enrique Barreiro Mejuto.
DNI: 32.111.109 G
Razón social: almacén de peixes I-6
Último enderezo coñecido: peirao da Palloza, A Coruña.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: vintecinco mil pesetas.
A Coruña, 24 de marzo de 1999.
Diego Bernal Llorente
Delegado provincial da Coruña