Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 26 de abril de 1999 Páx. 4.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 24 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador, referencia Secretaría 22/99.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 10 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas e con base no artigo 13.2º do devandito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente: Secretaría 22/99.

Denunciado: Piñeiromar, S.L.

DNI: B-15385362.

Último enderezo coñecido: Chazo-Boiro.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: podería chegar ata cincocentas mil pesetas.

A Coruña, 24 de marzo de 1999.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña