Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELACIÓN de obras do Plan Interreg.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras:

Nº/denominación/concello/prazo execución/clasificación/orzamento.

-30/97/Estr. Xinzo-Os Blancos-C. de Randín-F. de Portugal/C. de Randín/3 meses/-/5.728.415 ptas.

-14/98/Estr. Xinzo-Os Blancos-C. de Randín-F. de Portugal/C. de Randín/3 meses/-/14.457.200 ptas.

-16/98/Estr. Xinzo-Cualedro-A Xironda-F. de Portugal/Cualedro/6 meses/A.1.d; G.6.e/137.700.000 ptas.

-14/99/Estr. Xinzo-Cualedro-A Xironda-F. de Portugal (1ª fase tramo Xinzo-Faramontaos)/Xinzo de Limia/6 meses/G.4.e; G.5.b/165.700.000 ptas.

Ourense, 15 de abril de 1999.

O presidente

Rubricado