Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a seguinte subministración:

Obxecto: adquisición dunha minipa cargadora.

Orzamento: 4.500.800 ptas. (IVE incluído).

Fianzas:

Provisional: 90.016 ptas.

Definitiva: 180.032 ptas.

Prazo de entrega e instalación: non poderá ser superior a 5 días.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP, ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 31 de marzo de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa