Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de Montes MP-109/98-C.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957.

1. Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992 citada, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso ordinario sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

2. O importe da sanción deberá ser ingresado no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que a resolución sexa firme na conta nº 2091.0388.90.3110001181 de recadación de multas e sancións que a Xunta de Galicia ten na Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nas delegacións da Consellería de Medio Ambiente e nas oficinas desta Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural, sita en San Lázaro s/n en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1999.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Expediente sancionador: MP-109/98-C

Artigo infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: 42.990 pesetas.

Denunciado: José Montero Botana.

DNI: 32.548.302

Último enderezo coñecido: rúa Bicogán, 76-15405-Ferrol (A Coruña).