Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación do nome da Asociación do Mercado da Pedra de Vigo e inherentemente dos estatutos, que pasa a chamarse Asociación de Vendedores del Antiguo Mercado de la Plaza de Juan de Villavicencio.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de modificación do nome da Asociación do Mercado da Pedra de Vigo e inherentemente dos estatutos, sendo a nova denominación Asociación de Vendedores del Antiguo Mercado de la Plaza de Juan de Villavicencio, que abarca os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: Asociación Vendedores Mercados.

Asinan a acta de constitución: Carlos Augusto Pato e outros.

A modificación do nome e inherentemente dos estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 26 de marzo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra