Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: modificado L.M.T.S., Carballal-Gándara.
Situación: Valdoviño.
Características técnicas: L.M.T. subterrénea a 20 kV de 1.407 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte do C.T. apartamentos e remate no C.T. praia. L.M.T. subterránea a 20 kV de 258 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV-240 mm Al, que parte do C.T. Porta do Sol e remate no paso aéreo subterráneo da L.M.T. a C.T. Carballal. Concello de Valdoviño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 17 de marzo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña