Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 23 de abril de 1999 Páx. 4.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, da autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 96/1998).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesidade expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Balbón (Vilarmaior).

Liña eléctrica aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,680 km, con orixe na L.M.T. liña 5, Bañobre-Casanova e final no centro de transformación proxectado Balbón, cunha potencia de 50 kVA, 15.000/380-220 V. Tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 2,809 km de lonxitude con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón no termo municipal de Vilarmaior.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, que se publicaron no DOG do 16-7-1998 e no BOP do 13 de xuño, no xornal El Correo Gallego do día 10 de xuño e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Vilarmaior ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 57.A. da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Así mesmo, comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B. da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1996 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, este delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 12 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3051