Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de abril de 1999 pola que se lles notifican ós interesados as resolucións acordadas nos expedientes de desafiuzamento que se citan (número 58/97 e tres máis) da provincia da Coruña, por resultaren descoñecidos os seus domicilios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós beneficiarios de vivendas de protección oficial cos datos relacionados no anexo, a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo tramitado por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario.

Os feitos indicados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, e no artigo 138.6º do regulamento, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

É competente para resolve-lo expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en virtude das facultades previstas na Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo e no Decreto 70/1997, de estructura orgánica.

Vista a proposta de resolución da delegación provincial, acordouse a resolución de pleno dereito dos contratos outorgados entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os adxudicatarios que se relacionan no anexo.

Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, no artigo 30 do texto refundido de VPO, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio de potestade sancionadora.

Contra as citadas resolucións, que non son definitivas na vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación, conforme o que establecen os artigos 107.1º e do 114 ó 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

-Nº expediente de desafiuzamento: 58/97.

Adxudicatario: Manuel Porto Fidalgo.

Último domicilio coñecido: rúa Choupo nº 3, 2º Esq. Ferrol.

Expediente de construcción: C-81, conta 84.

Data de resolución: 24 de marzo de 1999.

-Nº expediente de desafiuzamento: 65/98.

Adxudicatario: Antonio Gómez Álvarez e Antonio Gómez Campos.

Último domicilio coñecido: Grupo Brigantium. Viv. nº 10 Betanzos.

Expediente de construcción: C-91, conta 10.

Data de resolución: 24 de marzo de 1999.

-Nº expediente de desafiuzamento: 59/97.

Adxudicatario: Adoración Borja Camacho.

Último domicilio coñecido: bloque 1, P 1, 3ºA, rúa Touro.

Polígono de Vite, Santiago de Compostela.

Expediente de construcción: C82/040, conta 7.

Data de resolución: 24 de marzo de 1999.

-Nº expediente de desafiuzamento: 67/98.

Adxudicatario: Joaquín Pereiro Anido.

Último domicilio coñecido: Avda. 19 de febreiro. Blq. 4, P 3.

Baixo Esq. Ferrol.

Expediente de construcción: C-79, conta 42.

Data de resolución: 24 de marzo de 1999.