Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de marzo de 1999, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (1/1999 e tres máis).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas características que a seguir se indican:

-Expediente número 1/1999:

Denominación: montes: Maior e Costa da Ribeira.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia do Pereiro.

Concello: Alfoz.

Superficie: 1.652 hectáreas.

Estremas:

As do termo parroquial son:

Norte: termo municipal do Valadouro. Leste: termos e montes das parroquias da Lagoa e das Oiras. Sur: termo municipal de Abadín, mesmo adentrándose neste concello o monte pola marxe dereita do río Pedrido, ata Porto Pedrido. Oeste: termo municipal de Abadín, mesmo adentrándose neste concello o monte pola marxe dereita do río Pedrido, ata Porto Pedrido.

Descrición do perímetro:

O perímetro de todo o termo parroquial do Pereiro, comprendendo os montes, os predios particulares e as mesmas aldeas, pode describirse comezando polo extremo oeste no Carballo da Veiga Rubia, no río Pedrido, onde están as «tres raias» deste termo municipal de Alfoz cos de Abadín e do Valadouro.

Polo norte divide co termo municipal do Valadouro desde Carballo da Veiga Rubia atravesando cara ó leste por Cruz de Riba, Cruz de Baixo, Pena do Torrón e Teixeiro ata baixar ó río Fervenza, baixando despois por este e polo río do Ouro, subindo finalmente cara ó leste ata Taranco.

Polo leste divide primeiro con termos e montes da parroquia da Lagoa desde Taranco seguindo cara o sur por Costoia ata Coto das Trigueiras de onde segue cara ó leste ata Manciñeiras, onde xa entran termos e montes da parroquia das Oiras coa que sobe cara ó sur segundo unha lomba polo Alto do Pico, Pena da Cabra e Pena das Pías ata Veiga do Telo.

Polo sur divide co termo municipal de Abadín seguindo a estrema desde Veiga do Telo cara ó oeste ata Pereira Vella de Valdecorredores, de onde o monte se adentra cara ó sur no termo municipal de Abadín seguindo unha divisoria de augas polas Penas d'Auga e Monte Maior ata baixar a Porto Pedrido.

Polo oeste segue dividindo cos montes do termo municipal de Abadín, adentrado neste termo como se dixo, desde Porto Pedrido baixando cara ó norte

polo río Pedrido, cadrando nun treito final coa estrema entre concellos, ata baixar a Carballo da Veiga Rubia, onde se comezou.

-Expediente número 3/1999:

Denominación: montes: de Baños e de Palleiros.

Comunidade propietaria: veciños dos lugares de San Pedro de Baños e Palleiros.

Parroquia: Marcelle.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 267 ha.

Estremas:

Os do termo veciñal son:

Norte: termo e monte da parroquia da Penela. Leste: termos e montes de Lampaza da parroquia de Doade do termo municipal de Sober. Sur: río Sil, dividindo co termo municipal de Castro Caldelas (Ourense). Oeste: termo e montes da parroquia de Doade do termo municipal de Sober.

Descrición do perímetro:

O perímetro do termo veciñal de Baños e Palleiros, comprendendo os montes, os predios particulares e as mesmas aldeas, pódese describir comezando polo extremo norte no Alto de Bidual, onde tamén concorren os montes das parroquias de Doade (Sober), Marcelle e Penela. Desde aquí baixa cara ó leste dividindo con esta última segundo unha lomba ata o camiño da Casa de Bidual, onde cadra coa estrema do termo municipal de Sober, pola que baixa cara ó sur polo rego do Monte Furado dividindo polo leste con termo e montes de Lampaza da parroquia de Doade (Sober) ata o mesmo río Sil. Polo sur divide con termo municipal de Castro Caldelas (Ourense), baixando polo río Sil ata a ponte da estrada de Castro Caldelas a Monforte, onde xa comeza a dividir polo oeste con termo e montes da parroquia de Doade (Sober), e vai pola aba destes nun corto treito cara ó oeste e despois sobe de sur a norte segundo una lomba, polo oeste do lugar de Palleiros, seguindo a estrema entre concellos ata subir ó Alto de

Bidual, onde se comezou.

-Expediente número 4/1999:

Denominación: montes: Coedo, Vales e Searas da Serra.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Marcelín.

Parroquia: Mosteiro.

Concello: Navia de Suarna.

Superficie: 178 ha.

Estremas:

Norte: monte de Molmeán. Leste: concello de San Antolín de Ibias (Asturias). Sur: montes de Abrente, Gorgueira e Pacios, e de Mosteiro. Oeste: predios particulares de Marcelín e cerramento dos prados do regueiro de Mosteiro.

Descrición do perímetro:

Polo norte, limitando co monte de Molmeán, sobe desde o regueiro de Mosteiro, un teso ata o Alto de Coedo, xa no límite con Ibias (Asturias). Polo leste segue a estrema de Ibias desde Coedo, na dirección norte-sur por Toxalón, chousumes das leiras de Folgueiras de Cotos ata Horta de Chan de Salgueiro, onde entra monte de Abrente, Gorgueira e Pacios. Polo sur na dirección suroeste, co citado monte polo teso de Cexurias, Cexurias, Fonte Vella ata Cruceiro de Gorgueira, onde chega ós predios particulares e ó monte de Mosteiro. Polo oeste desde Cruceiro de Gorgueira vai limitando co monte de Mosteiro ata Fonte Vella, baixando de aquí ós prados de Regueiro de Mosteiro; segue despois o polígono dos chousumes dos predios de Marcelín ata Valiños, onde se comezou.

-Expediente número 5/1999:

Denominación: montes de Rebordaos.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Rebordaos.

Concello: O Saviñao.

Superficie: 94 ha.

Estremas:

Parcela nº 1 (30 ha):

Norte: predios particulares da parroquia de Rebordaos e camiño veciñal de Peago a Liñares. Leste: camiño pertencente ó monte comunal da parroquia de Vilelos e predios particulares da parroquia de Rebordaos. Sur: predios particulares da parroquia de Rebordaos. Oeste: predios particulares da parroquia de Rebordaos e camiño veciñal de Peago a Liñares.

Parcela nº 2 (7 ha):

Norte: predios particulares da parroquia de Rebordaos. Leste: camiño veciñal e predios particulares da parroquia de Rebordaos. Sur: predios particulares da parroquia de Rebordaos. Oeste: predios particulares da parroquia de Rebordaos.

Parcela nº 3 (3 ha):

Norte: camiño veciñal. Leste: predios particulares da parroquia de Rebordaos. Sur: predios particulares da parroquia de Rebordaos. Oeste: predios particulares da parroquia de Rebordaos.

Parcela nº 4 (5 ha):

Norte: predios particulares da parroquia de Rebordaos e camiño veciñal. Leste: predios particulares da parroquia de Rebordaos. Sur: predios particulares da parroquia de Rebordaos e camiño veciñal. Oeste: predios particulares da parroquia de Rebordaos.

Parcela nº 5 (49 ha):

Norte: camiño veciñal e predios particulares da parroquia de Rebordaos. Leste: camiño veciñal e predios particulares da parroquia de Rebordaos. Sur: camiño veciñal e predios particulares da parroquia

de Rebordaos. Oeste: camiño veciñal e predios particulares da parroquia de Rebordaos.

En virtude do acordado polo xurado na sesión celebrada coa data do 9 de decembro de 1998 e, en cumprimiento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 22 de marzo de 1999.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo