Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, da contratación das seguintes obras: proxecto básico e de rehabilitación da Vía Nova entre A Ponte Nova e A Pala Falsa no parque da Baixa Limia. Serra do Xurés-Lobios (Ourense); proxecto básico e de rehabilitación de cuberta, supresión de humidades, limpeza e reparación de fábricas na Catedral de Mondoñedo (Lugo).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, dos seguintes contratos de obras:

1. Proxecto básico e de rehabilitación da Vía Nova entre A Ponte Nova e A Pala Falsa no parque da Baixa Limia. Serra do Xurés-Lobios (Ourense).

-Orzamento de licitación: 40.000.000 de ptas. (corenta millóns de pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: cinco (5) meses.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

2. Proxecto básico e de restauración de cuberta, supresión de humidades, limpeza e reparación de fábricas na Catedral de Mondoñedo (Lugo).

-Orzamento de licitación: 60.000.001 ptas. (sesenta millóns unha pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: dez (10) meses.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Exposición da documentación: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación para cada un dos contratos.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo