Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999 pola que se anuncian concursos públicos, procedemento aberto, para a contratación mediante tramitación urxente, de asistencias técnicas para a elaboración de informes de plans comunitarios desde o punto de vista turístico.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la convocatoria da contratación mediante con

curso aberto e trámite de urxencia das asistencias que se citan:

1. Contratación da asistencia técnica para a elaboración de informes de plans comunitarios desde o punto de vista turístico, no ámbito da provincia da Coruña.

Orzamento de licitación: 4.176.000 ptas. (catro millóns cento setenta e seis mil pesetas), IVE inclído.

Prazo de execución: 1 ano.

Clasificación requirida: non se esixe.

2. Contratación da asistencia técnica para a elaboración de informes de plans comunitarios desde o punto de vista turístico, no ámbito da provincia de Lugo.

Orzamento de licitación: 4.176.000 ptas. (catro millóns cento setenta e seis mil pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: 1 ano.

Clasificación requirida: non se esixe.

3. Contratación da asistencia técnica para a elaboración de informes de plans comunitarios desde o punto de vista turístico, no ámbito da provincia de Ourense.

Orzamento de licitación: 4.176.000 ptas. (catro millóns cento setenta e seis mil pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: 1 ano.

Clasificación requirida: non se esixe.

4. Contratación da asistencia técnica para a elaboración de informes de plans comunitarios desde o punto de vista turístico, no ámbito da provincia de Pontevedra.

Orzamento de licitación: 4.176.000 ptas. (catro millóns cento setenta e seis mil pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: 1 ano.

Clasificación requirida: non se esixe.

-Exposición dos pregos de cláusulas: os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

-Prazo de presentación de proposicións: comenzará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día hábil.

-Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, indistintamente, no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda

Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado, farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, tendo que aterse ó disposto na cláusula 7.1º do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

-Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do vixésimo día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado, a mesa celebrarase o seguinte día hábil.

-Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

P.D. (Orde do 15 de decembro de 1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo