Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/79-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: R/TTE. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. 250 kVA-1ª Trav. J. Loureiro-Paiosaco.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas:

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 100 m de lonxitude, con orixe no C.T. en edificio Bergantiños (expediente 96/19-1) e final no C.T. que se vai instalar en edificio 1ª travesía Loureiro González, de Paiosaco. Centro de transformación, en baixo edificio 1ª travesía Loureiro González, de 250 kVA e tensións de 15/0, 380-0,220 kV. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña