Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización das instalacións denominadas anexo á rede da Coruña, acometida a Mesogen, S.L. promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto de anexo á rede da Coruña, acometida a Mesogen, S.L. declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo en Avda. de América, nº 38 (CP 28028), Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 15 de abril de 1996 para a prestación do servicio público de conducción, distribución e subministración de gas natural para usos industriais en distintos termos municipais da provincia da Coruña.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto das instalacións denominadas anexo á rede da Coruña, acometida a Mesogen, S.L.

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición

e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: as variantes realizadas afectan ó termo municipal de A Coruña, e son as que se expoñen a continuación:

A conducción de diámetro 4'' parte do ramal A Coruña (diámetro 12'') que discorre en paralelo coa rúa do P.I. Pocomaco.

Bordea a rúa sexta polo exterior e discorre en paralelo coa estrada CP-0512 de Lugar do Campo ó Birloque por UXES ata a rúa de acceso a Mesogen.

Unha vez que se aproxima a conducción á industria indicada, redúcese a 2'' de diámetro.

A lonxitude total do trazado é de 130 m.

Termo municipal afectado: A Coruña.

Orzamento: o orzamento ascende a un millón cincocentas cincuenta e oito mil duascentas trinta pesetas (1.558.230 ptas.).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto concrétase na seguinte forma:

Un.-O pleno dominio dos terreos sobre os que se construirán os elementos de instalación fixa en superficie.

Dous.-Para canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso, nunha franxa de terreo de dous (2) metros de largo, ó longo do gasoducto, por onde discorrerá soterrada a tubería ou tuberías que se requiran para a conducción do gas e que estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros, contados desde o eixe da tubería.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar acto ningún que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado deste. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, no seu caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal, coma necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que desaparecerá todo obstáculo.

Tres.-Para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión

e elementos dispersores, que estará suxeita á prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos e realizar todo tipo de obra.

B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que desaparecerá todo obstáculo.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais

titulares afectados polo dito proxecto, relación que se insire ó remate deste anuncio, para que poidan examinala na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial da Coruña, praza Luis Seoane 2, edificio administrativo Monelos, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1999.

Joaqún del Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Proxecto: anexo á rede da Coruña, acometida a Mesogen, S.L.

Termo municipal: A Coruña.

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mPolig.Parcela

C-C-1Comunidade de propietarios polígono de Pocomaco. Polígono de Pocomaco, B-19, 15190-A Coruña.62337Vía

C-C-2Luis Magro, S.L. r/ Juana de Vega, 25-27-6ºB. 15005, A Coruña.066657842Solo industrial

C-C-3María Capelán López. Mesoiro, 61. 15190, A Coruña.8506578601Acceso

C-C-4Deputación Provincial da Coruña. Vías e Obras. r/ Alférez Provisional, s/n. 15006, A Coruña.43280Estrada e beirarrúa

C-C-5Concello. Pza. María Pita. 15001, A Coruña.20130Pista asfaltada

C-C-6Mesogen, S.L. (Maderas Becerra). Mesoiro, 108. 15190, A Coruña.532Entrada fábrica

Instalación auxiliares

Proxecto: anexo á rede da Coruña, acometida a Mesogen, S.L.

Abreviaturas empregadas: PO=Posisión.

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mExp. mPolig.Parcela

C-C-1-POComunidade de propietarios polígono de Pocomaco. Polígono de Pocomaco, B-19, 15190-A Coruña.004Vía

C-C-6-POMesogen, S.L. (Maderas Becerra). Mesoiro, 108. 15190, A Coruña.004Entrada fábrica