Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OIA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello de Oia o plan parcial correspondente ó sector Pena Agoeira-5 do solo apto para urbanizar (SAU), promovido por Anrayxe, SL, exponse ó público polo prazo dun mes co obxecto de que poida examinarse o expediente e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes.

Ó mesmo tempo faise pública a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición no ámbito do referido sector.

Oia, 15 de marzo de 1999.

Álvaro Miniño Rodríguez

Alcalde