Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do 27 de xaneiro de 1999, aprobou o escudo do concello, co seguinte brasonamento: de prata (branco), catro faixas ondadas azur (azul) e, brochante, a copa de ouro (amarelo) e a serpe enroscada de sinople (verde) e linguada de gules (vermello). Ó timbre, coroa real pechada.

De acordo co establecido no artigo 3 do Decreto do 10 de setembro de 1992, sobre procedemento de normas heráldicas para adopción de escudos e bandeiras, sométese a información pública por espacio dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG.

Durante este prazo os interesados poden presenta-las reclamacións que consideren oportunas.

Mondariz-Balneario, 8 de marzo de 1999.

José Antonio Lorenzo Rodríguez

Alcalde