Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación, polo sistema de concurso aberto con trámite de urxencia, da subministración de fotocopiadoras para o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise

público que por resolución do presidente do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia do 13 de decembro de 1998, o contrato que ten por obxecto a subministración de fotocopiadoras para o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia adxudicóuselle á empresa NRG Comunicaciones, S.A., por importe de dous millóns novecentas cinco mil trescentas noventa e catro pesetas (2.905.394 ptas.).

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia