Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación, polo sistema de concurso aberto con trámite de urxencia, da subministración de vehículos para o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do presidente do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia do 13 de decembro de 1998, o contrato que ten por obxecto a subministración de vehículos para o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia adxudicóuselles ás empresas Talleres Caeiro, S.A. (lote nº 1) por importe de oito millóns setecentas oitenta mil pesetas, (8.780.000 ptas.) IVE incluído Talleres Caeiro, S.A. (lote nº 2) por importe de vinte millóns trescentas catro mil setecentas cincuenta e dúas pesetas (20.304.752 ptas.) IVE incluído Noyamovil, S.L. (lote nº 3) por importe de cinco millóns trescentas sesenta e oito mil trescentas cinco pesetas (5.368.305 ptas.) IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia